A Ría de Muros Noia estrea unha axenda de eventos e actividades

20 Xullo 2023

O Xeodestino Ría de Muros Noia ten como un dos seus obxectivos a dinamización e fomento da riqueza desta ría a través da potenciación da actividade turística dun xeito sostible. Por iso, vén de poñer en marcha dúas novas ferramentas para facilitar tanto ao visitante como aos residentes na comarca toda a información sobre as actividades lúdicas, culturais e sociais na Ría de Muros Noia.
A primeira das medidas é a creación dunha nova sección na súa páxina web ( www.riademurosnoia.com ) na que recolle unha completa axenda de actividades nos cincomunicipios do Xeodestino. “Para iso creamos unha ampla rede de contactos, non so nosconcellos senón en todo tipo de entidades e asociacións da comarca para que a informaciónflúa cara as persoas encargadas de manter a web ao día. Supón un gran esforzo de mantemento e actualización, pero a súa efectividade está fóra de toda dúbida”, explica Teresa Villaverde Pais, presidenta da Ría de Muros Noia.
Deste xeito, tanto o potencial visitante como o residente na comarca teñen acceso a unha gran variedade de propostas de ocio, presentadas dun xeito atractivo e interesante a través dunha web que conta cun elevado tráfico de visitas. Un volume de interaccións que se agarda incrementar con este novo servizo, que tamén ofrece ao visitante a posibilidade de subscribirse ás novidades que se produzan. “Este novo servizo beneficiará a todo o sector turístico da ría: aloxamentos, restaurantes, empresas de actividades turísticas xa que, ademais, os seus datos de contacto tamén están recollidos na páxina web e facilitarán o
contacto cos potenciais clientes”, adianta Villaverde Pais.
A segunda das medidas adoptadas é o incremento dos puntos de acceso ao canal interno de televisión do Xeodestino Ría de Muros Noia. Durante os últimos meses instaláronse grandes pantallas de televisión en todos os concellos do xeodestino, así como noutros centros de información turística como a antiga fábrica Sel (Muros) ou o museo das Minas de San Finx (Lousame).
Estas televisións emiten de forma continua información sobre os distintos atractivos da Ría de Muros Noia, cun atractivo sistema de carátulas diferenciadoras que proporcionan unha información sinxela útil e directa. Un servizo que en próximas datas chegará tamén á oficina de turismo do estaleiro Ciprián de Broña (Outes).

Outros artigos

A Garda Civil de Noia incauta 1.000 litros de gasóleo bonificado

Garda Civil A Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil de Noia incautou 1.000 litros de Gasóleo bonificado no Polígono do Tambre. Os feitos sucederon cando os compoñentes da mencionada Unidade, que se atopaban realizando un servizo na zona, observaron a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...