A Regata Rías Baixas 2023 afianza a súa aposta pola Pobra como un dos seus portos sede

27 Xullo 2023

A Regata Rías Baixas volverá navegar a costa suroeste galega na súa 60.ª edición coa Pobra do Caramiñal, novamente, como un dos seus portos sede.

A concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, enxalzou a dimensión desta cita que pon a vista no mundo náutico como un polo de atracción turística, tal e como se constata non só coas regatas que teñen unha etapa na Pobra, senón tamén coas numerosas actividades que pon en marcha a Administración local no ámbito marítimo. Neste senso, a edil indicou que este tipo de accións permiten coñecer o patrimonio paisaxístico dende outra perspectiva e destacou que A Pobra será o porto de referencia na ría da Arousa.

No acto de presentación tamén estivo o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, quen sinalou que na regata participarán arredor de 70 embarcacións, o cal xerará un movemento de máis de 2000 persoas entre tripulación e acompañantes por terra en cada un dos portos sede, que se corresponden con cinco etapas na seguinte orde: Vigo-Combarro, Combarro-A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal-Sanxenxo, Sanxenxo-Vigo e Vigo-Vigo.

Esta travesía a vela arribará no 11 de agosto ao concello pobrense e concluirá así a segunda etapa que ten a saída en Combarro. Nese mesmo día terá lugar un ágape, repartirase material divulgativo e entregaranse, no total, 7 premios ao primeiro barco clasificado de cada unha das seguintes clases: ORC grupo 1, ORC grupo 2, ORC grupo 3, ORC grupo 4, ORC grupo 5, Open e Sportboat. No día 12 partirase da localidade en dirección a Sanxenxo, o cal correspóndese coa terceira etapa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Intentar definir el humorismo, es como pretender atravesar una mariposa, usando a manera de alfiler un poste telegráfico”. Así lo decía Enrique Jardiel Poncela, dramaturgo y novelista español, que a veces sabía muy bien lo que no quería saber. Es, diría yo, como...