A Pobra pedaleará co gallo da Festa da Bici este domingo 30 de xullo

29 Xullo 2023

A trixésimo primeira edición da Festa da Bici chega este domingo 30 de xullo á Pobra do Caramiñal, coa saída programada para as 11.00 horas da praza Alcalde Segundo Durán, que tamén será meta. A iniciativa virá cunha marcada compoñente solidaria, xa que as persoas participantes achegarán un quilogramo de alimentos non perecedoiros no momento da inscrición o propio día do evento e na dita praza, a partir das 10.15 horas. Estímase unha participación semellante á de anteriores convocatorias, nas cales se superaban as/os 200 ciclistas.

Dende o Concello explican que se trata dunha actividade “xa consolidada no calendario de actividades deportivas do municipio” e que consta de dous percorridos: no circuíto xeral completarase unha distancia de 10’53 quilómetros, durante os cales transitarase por distintos espazos do centro e do rural; mentres que o circuíto pequeno, cun itinerario de aproximadamente 1’5 quilómetros polo núcleo urbano, está dirixido a crianzas menores de 8 anos ou rapazada maior desta idade que teña dificultades para completar a ruta longa.

Durante esa xornada contarase tamén cun inchábel e cunha xincana de habilidade e destreza coa bicicleta, habilitados na dita praza para o desfrute das/dos máis pequenas/os. Procederase, así mesmo, co sorteo dunha bicicleta e outros agasallos.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Crónicas ribeirenses: O Panesillo” – Antón Luaces

“Crónicas ribeirenses: O Panesillo” – Antón Luaces

Pasado Fontán (xa nas aforas de Ribeira, camiño de Castiñeiras) hai unha rocha que sempre chamou a miña atención e da que nunca souben se partira por algún fenómeno natural ou rompera por algunha circunstancia allea. Falo da popularmente pedra coñecida polo nome de "O...

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...