Este mes de xullo vaise celebrar en Porto do son unha nova edición da súa Feira Celta, concretamente os días 28, 29 e 30 deste mes. Segundo informou o Concello, neste intre está aberto o prazo de inscrición de solicitudes para os postos de venda, información e dinamización (até o 18 de xullo ás 12.00 horas), baixando a documentación necesaria da web municipal. O Concello anunciou que redobrará esforzos este ano para acadar a máxima repercusión da feira, tanto en actividades programadas como en número de participantes e visitantes. Haberá novamente postos de produtos célticos e medievais (reunidos no mercadiño celta), música en directo (ruadas, concertos), espectáculos, actividades infantís e un campamento celta.




