A Feira Celta regresou esta fin de semana a Porto do Son

28 Xullo 2023

A Feira Celta é a protagonista esta fin de semana da actividade lúdica de Porto do Son, será a través de postos de artesanía e gastronómicos, talleres en vivo, espectáculos rueiros e concertos. Arrincará ás 17.00 horas deste venres, cun desfile inaugural polo gran mercado que foi instalado na vila.

A partir da apertura e ata a medianoite, iranse sucedendo diversos espectáculos rueiros, nos que entrarán en acción dragones, trasnos, bruxas e outros seres mitológicos, para culminar, rozando a medianoite, cun esconxuro no que estarán presentes o lume e os números circenses.

Tanto o sábado como o domingo o mercado poñerase en marcha sobre as 11.00 horas, para pechar ao redor da medianoite, e contará con animación a cargo de diversas compañías. Todas elas protagonizarán un desfile final o domingo, ás 22.30 horas.

Durante toda a feira, o público terá á súa disposición un campamento celta, que permitirá coñecer como era a vida da época e incluirá talleres dos oficios máis característicos. Ademais, os máis pequenos contarán cun recuncho especial e diversas atraccións ecolóxicas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.