A edición oitava de Os 100 do Barbanza foi “un éxito sen precedentes”

27 Xullo 2023

A VIII edición de Os 100 do Barbanza, a primeira e única proba de ultrafondo federada en Galicia, foi en palabras da organización (ITBS) “un rotundo éxito xa que rexistrou unha cifra récord de asistentes, o que demostra o crecente interese por este desafío de percorrer 100 quilómetros en 24 horas”. Estes e outros datos veñen de ser compartidos polo club ITBS no seu balance da última edición do evento.

Cada ano, o punto de partida e chegada é un concello dos sete que conforman a península do Barbanza. Nesta convocatoria, que se celebrou os días 24 e 25 de xuño, correspondeu ao concello de Boiro ser o anfitrión. Un total de 300 persoas, provenientes de nove comunidades autónomas de España e doutros países, participaron no evento, todas preparadas para afrontar o reto extremo que representa a ultradistancia.

Proba non competitiva

Os 100 do Barbanza é unha proba non competitiva, onde o premio máximo de cada participante é chegar á meta, ao tratarse dunha competición física e psicolóxica cun mesmo como máximo rival. Dos 300 rexistrados, un total de 215 lograron completar todo o percorrido. O participante máis rápido chegou á meta en 10 horas e 46 minutos, mentres que o camiñante que empregou máis tempo

necesitou 23 horas e 45 minutos.O 18% dos rexistrados eran mulleres, unha cifra lixeiramente superior á dos últimos anos.

En canto á distribución por idades, observouse unha diversidade de participantes, cunha idade media de 51 anos: A máis nova tiña 18 anos, mentres que o máis lonxevo contaba con 82 anos.

Na enquisa de satisfacción posterior á proba, os avituallamentos, esenciais nun reto de tamaño esixencia, foron cualificados con altas puntuacións, destacando a calidade e variedade de alimentos e bebidas que se puxeron ao dispor dos camiñantes.

Segundo fai saber a organización no seu balance, outro factor que contribuíu ao éxito de Os 100 do Barbanza foron “as impresionantes vistas do percorrido”. Así, a paisaxe de Barbanza proporcionou “un pano de fondo espectacular aos sufridos participantes mentres se enfrontaban ao desafío físico”, apuntan os responsábeis da proba, poñendo o foco “no bo ambiente xeral, a camaradería entre os corredores e o apoio da organización e os voluntarios, factores que contribuíron a xerar un clima positivo e motivador, o que axudou a manter a moral alta ao longo do percorrido”.

Cita emblemática no mundo da ultradistancia en España

Cada ano, o seu percorrido único e desafiante ao redor da península de Barbanza, comezando

desde diferentes concellos, atrae a entusiastas de todo o país e máis aló. A edición deste ano foi particularmente significativa, ao pechar o círculo e regresar ao seu punto de inicio en Boiro, recordando “así o lugar onde todo comezou”, sinala a organización, destacando que “sen dúbida este evento seguirá crecendo en popularidade e consolidarase como unha cita imprescindíbel para os amantes da ultradistancia”.

O presidente do club organizador, International Trekkers, Fran Alcalde, expresou o seu agradecemento ás autoridades dos sete concellos barbanceses, aos voluntarios e aos patrocinadores “polo seu importante apoio na realización de Os 100 do Barbanza, que permitiu brindar aos participantes unha experiencia única e desafiante no marco dunha disciplina tan esixente. O seu compromiso e dedicación foron fundamentais para o éxito desta proba de ultrafondo”.

O Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar (ITBS)

O International Trekkers Barbanza Sar (ITBS) é un club de montañismo integrado por afeccionados

das comarcas de Sar (concellos de Padrón, Rois e Dodro) e de Barbanza (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son). A entidade foi fundada en 2013 co

obxectivo de organizar e xestionar a primeira carreira de ultrafondo de Galicia (100 quilómetros en 24 horas). O ITBS está conformado por corredores con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo frecuente a súa participación en marchas de 50 quilómetros en Galicia e o norte de Portugal. Ademais, os seus integrantes son asiduos á Copa Galega de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.