A Corporación de Boiro celebrou este xoves o pleno organizativo da actual lexislatura

27 Xullo 2023

O Concello de Boiro celebrou este xoves o Pleno de organización para a lexislatura 2023-2027. A sesión poderá verse íntegra a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

Votacións da sesión plenaria:

1 Aprobación da acta da sesión anterior – aprobado con 16 votos a favor (PSOE, PP e BNG) e 1 abstención (Boiro Novo).

2 Periodicidade das sesións plenarias ordinarias – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG e BN).

3 Creación e composición das comisións informativas permanentes- aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 2 votos en contra (BNG) e 6 abstencións (PP e BN).

4 Nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados que sexan competencia plenaria – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG, BN).

5 Indemnizacións a concelleiros e grupos políticos – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG, BN).

6 Determinación do número, características e retribucións do persoal eventual – aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 1 voto en contra (BN) e 7 abstencións (PP e BNG).

7 Determinación dos cargos e retribucións por dedicacións exclusivas e a tempo parcial – aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 3 votos en contra (BNG e BN) e 5 abstencións (PP).

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.