“A Comisión Europea bailou a “ienca” en Vigo: un paso avante, dous atrás”. Antón Luaces

19 Xullo 2023

De contar co resplado científico, a Comisión de Medio Ambiente, Océanos e Pesca da UE non poría, probablemente, atrancos legais -non desboto outros- á posibilidade de estabelecer TAC plurianuais. Así o dixo en Vkogo o titular deste departamento comunitario, Virginijus Sinkevicius, quen garante que a Lei de Restauración non vai ter impacto  no arrastre (o que non  debe entenderse, engado pola miña conta persoal, como aceptación de eliminar o veto ao palangre nos 87 Ecosistemas Mariños Vulnerábeis prohibidos á pesca o pasado mes de outubro en base ao previsto no Regulamento de Augas Profundas e, no seu defecto, naqueles derivados da revisión dos peches, actualmente en proceso).

Polo tanto, a Comisión da un paso avante no senso de levantar as causas que motivaron a preocupación do sector arrastreiro porque a Lei de Restauración da Natureza “non terá ningún impacto sobre os arrastreiros”, segundo Sinkevicius, de quen no fío o máis mínimo porque ou mente moi ben o comisario, ou moi errado está o sector, que se amosou enormemente afectado polo anuncio da revisión do Regulamento de Augas Profundas no senso sinalado: vetar 87 ecosistemas mariños que a Comisión considera vulnerábeis pola acción pesqueira que exerce o arrastre.

A “ienca” , moi de moda nos anos 60, falaba de “un, dous, tres, adiante e atrás” e este é, na miña opinión, o baile que Sinkevicius practica desde que chegou á Comisión de Medio Ambiente, Océanos e pesca da Unión Europea, de ganchete co máis significado das organizacións medioambientalistas mundiais.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.