A BRILAT e o TERNOR visitan o Museo Valle-Inclán pobrense

13 Xullo 2023


O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal recibiu neste 13 de xullo a visita dunha delegación
composta por membros da Brigada de Infantería Ligera Aerotransportable (BRILAT) e do Tercio del Norte (TERNOR) para coñece-los fondos desta institución e aprender máis sobre a figura e obra de Ramón del Valle-Inclán.
Entre os partícipes estaban o tenente coronel, Miguel Ángel Vázquez, e o suboficial maior, Manuel Liste, acompañados tamén por José Manuel Fernández, capitán da base náutica Palmira Scuba Club e que exerce como anfitrión durante a estadía na localidade.
Guiados polas explicacións do director do Museo, Antonio González, percorreron tódalas salas que integran a Torre de Bermúdez e houbo intercambio de agasallos: a Administración local fixo entrega dun libro que recolle información deste singular edificio e recibiu por parte dos referidos corpos exemplares que repasan a historia dos mesmos.
As salas que espertaron maior interese foron a Bradomín e Viana del Prior, onde se concentra boa mostra do mobiliario orixinal e dos obxectos persoais do escritor.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...