A ABE destaca os “resultados extraordinarios” do seu sistema de fidelización a seis meses da súa posta en marcha

27 Xullo 2023

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) fixo balance dos froitos acadados co seu sistema de fidelización, estreado a principios de ano despois de moitas probas e un exhaustivo traballo de planificación, preparación e desenvolvemento, dando como resultado unha ferramenta feita a medida para facilitar nas empresas asociadas o mantemento e captación de clientes a través da acumulación de puntos coas compras realizadas ou trocalos por agasallos ademais de permitirlles participar en sorteos e promocións especiais en datas sinaladas. O balance, seis meses despois da posa en marcha do sistema, “non pode ser máis positivo”, segundo explicou a ABE. De feito, neste intre son 1.883 usuarios activos no sistema que son clientes dos negocios asociados que rexistraron neste período 18.624 tíckets das súas compras.

En canto aos premios do catálogo recibíronse 75 peticións de cambio de puntos por premios sendo o mais demandado os Bonos ABE con 39 peticións (cada 100 puntos conséguense 5€ en bonos para usar libremente en calquera negocio asociado).

A patronal boirense tamén destaca que un dos premios mais solicitados é o que mais puntos precisa para obterse, 500, son as maletas de viaxe e que corresponden a un gasto de polo menos 5.000€ nos negocios locais xa que o sistema de fidelización acumula o 10% en puntos.

Actualmente hai rexistros de todos os sectores sendo o tícket mais baixo un de 10 céntimos dunha mercería e o mais alto unha factura de maquinaria para un barco bateeiro de 13.340 €. “Esta disparidade”, explica a ABE, “vén dunha das vantaxes do sistema, xa que é valido para calquera tícket ou factura de calquera negocio asociado con independencia do sector de actividade”.

Outros premios e campañas

A patronal engade que os premios do catálogo non son os únicos aos que optan os clientes xa que nestes primeiros seis meses de funcionamento puxéronse en marcha diferentes sorteos entre os tíckets rexistrados cun montante de 6.300 € en bonos ABE e centos de premios especiais como as 50 neveiras de praia do Puntazo de Verán.

Actualmente está en marcha a campaña Quincenas Fantásticas con 3.000 € en bonos e 4 bicis e en datas vindeiras celebrarase a edición de inverno do Puntazo con centos de premios.

Tanto o rexistro dos tíckets, a consulta do catálogo de puntos e a petición de cambio de puntos faise dende a web da ABE (www.abe.gal).

Como indica o presidente da ABE, Daniel García, “os resultados deste primeiro semestre son inmellorábeis e nos da a razón sobre a necesidade de implantar ferramentas de dixitalización en materia de promoción comercial xa que cada vez son mais os clientes que participan dos sorteos que propoñemos a través da nosa web”. Tamén adiantou que a finais de ano “introduciranse novos premios no catálogo potenciando o mesmo xa que a idea da entidade é impulsar, se cabe aínda mais esta ferramenta de fidelización de clientes”

Con este proxecto a ABE completa a oferta en fidelización para os clientes dos seus negocios asociados iniciado coa entrega de tíckets de aparcamento gratuítos hai xa mais de 16 anos, continuando coa tarxeta agasallo (Bonos ABE) do que o ano pasado vendéronse mais de 8.000 € que repercutiron nos propios negocios.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.