A ABE desenvolve a súa primeira campaña no marco da Alianza Galega polo Clima

03 Xullo 2023

O pasado mes de maio a ABE foi a primeira entidade empresarial de Galicia en adherirse a Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para facer fronte común fronte aos graves problemas climáticos aos que nos enfrontamos e favorecer que a nosa terra sexa un referente en sustentabilidade. Neste ámbito enmarcase a última campaña de promoción comercial da patronal de Boiro que pretende prover o uso da bicicleta para os desprazamentos dentro do núcleo urbano da vila.

Para isto, a entidade puxo en marcha un sorteo de 4 bicicletas, unha por cada quincena do verán. Para participar as persoas interesadas deben rexistrarse os tíckets de compra de calquera dos 200 negocios asociados e rexistralos na web da ABE (www.abel.gal). Cada rexistro é unha participación para o sorteo.

O presidente da patronal, Daniel García explicou que “como membros da alianza utilizamos de xeito habitual o seu logotipo na comunicación, como por exemplo na páxina web onde está en lugar destacado e no caso das bicicletas tamén están rotuladas coa imaxe corporativa da alianza galega polo clima coa finalidade de dar visibilidade ao proxecto ademais de dotas as bicis dun elemento exclusivo”.

Ademais a entidade boirense elixiu como slogan da campaña Cando pedaleas, todo vai sobre rodas que tamén figura rotulado nas bicicletas.

Para dar mais impulso a esta iniciativa o sorteo encadrouse dentro da campaña Quincenas Fantásticas que na que se sortean ademais 3.000 € en bonos ABE para gastar nos negocios asociados.

A patronal lembra que a adhesión a esta Alianza supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia liña na que se enmarca esta campaña de promoción do uso da bicicleta.

Como indica o presidente da ABE “esta alianza reúne a organizacións que como a nosa, esteamos dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente, o logro dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentábel e a Axenda 2030 e con esta campaña queremos poñer o noso gran de area a prol dos hábitos respectuosos cos recursos naturais”.

Daniel García, presidente da patronal, e José Ramón Romero, alcalde de Boiro, na presentación da campaña

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.