
Unha muller de 70 anos resultou ferida de gravidade ao sufrir un accidente nunha leira de Nebra, no municipio de Porto do Son. O suceso tivo lugar preto súa vivenda á que se dirixía conducindo un matraquillo. Por causas que se descoñecen, o vehículo agrícola precipitouse por un noiro duns catro metros caendo sobre unha estrada, quedou semivolcado sobre o corpo da vítima.
Como consecuencia doa ccidente varios veciños saíron das súas casas para axudar a muller accidenta. F Ao lugar desprazáronse membros do grupo de emerxencias de Noia, voluntarios de Protección Civil de Porto do Son, axentes da Policía Local, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061, que trasladou á ferida ao Hospital Comarcal dá Barbanza. A muller presentaba feridas importantes na cabeza.



