A Policía Nacional de Ribeira e a Policía Local, detivo a un home e unha muller como presuntos autores dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas.
No marco dun dispositivo de prevención da venda de estupefacientes no caso urbano da capital os axentes puideron observar a dous individuos a bordo dun vehículo no que atoparon ocultas no aire acondicionado e no falso teito un total de 18 bolsas termoselladas que contiñan un total de 12 gramos de cocaína; sete bolsitas con 5,5 gramos de heroína, ademais dun anaco de haxix duns 11 gramos de peso. Os detidos foron postos ao dispor xudicial no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira, que decretou a súa posta en liberdade en calidade de investigados.




