Unha nova edición dos obradoiros Móvete favorecerán a conciliación na Pobra durante o verán

02 Xuño 2023

A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal bota a andar unha nova edición dos obradoiros Móvete. Faino co obxectivo de favorecer a conciliación na época estival que se aproxima, segundo avanzaron o alcalde en funcións, Xosé Lois Piñeiro, e a axente da igualdade, Carolina Rodríguez.

Como xa é costume, esta prestación terá lugar no CEP Salustiano Rey Eiras do día 22 de xuño ao 8 de setembro, onde as crianzas da infantil e da primaria estarán atendidas por monitorado especializado. Desenvolverase de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Segundo informaron, haberá actividades lúdicas, deportivas, xogos populares ou saídas á praia, entre outras propostas de carácter recreativo e integrador coas cales enriquecer a experiencia das/dos máis pequenas/os e sempre coa igualdade entre mulleres e homes como tema transversal.

Amais, bríndase a posibilidade de solicitar os servizos de Madruga (con opción de entrada ás 07.30 horas) e Comedor (en funcionamento ata as 16.00 horas), dos cales cómpre consulta-las condicións.

Establécense catro quendas: a primeira será do día 22 ata 30 de xuño, por un importe de 15 euros; a segunda correspóndese con xullo, por 60 euros; a terceira, con agosto, por 60 euros; e a cuarta comprende dende o día 1 ata 8 de setembro, por 15 euros. Existe, ademais, a opción da quincena por un custo de 40 euros. Aplicaráselle un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a.

As prazas son limitadas e as inscricións abrirán no 5 de xuño e rematarán no día laboral anterior ao inicio de cada quenda. O trámite formalizarase no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa consistorial, co teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...