“Un Ministerio do Mar con competencias na pesca, petición oficial de Cepesca aos partidos políticos que concorren ás vindeiras eleccións”. Antón Luaces

18 Xuño 2023

Non é a primeira vez -e posiblemente non sexa a derradeira- que os armadores de buques de pesca  solicitan ao Goberno a creación dun Ministerio do Mar. E desta vez non ía ser menos: a patronal do sector, CEPESCA, publicou esta semana un decálogo de propostas aos partidos políticos que toman parte nas eleccións xerais do vindeiro 23 de xullo, nas que pide unha outra vez a creación do ministerio do Mar e a eliminación do IVE dos produtos pesqueiros.

Cepesca quere que o novo Executivo recoñeza a importancia da pesca e protexa a esta como subministradora dun alimento clave para a saúde e a seguranza alimentaria do país, a súa contribución económica, social, cultural e gastronómica.

Ne defensa da eliminación total do IVE (Imposto do Valor Engadido), Cepesca demanda no seu decálogo que a mesma sexa con carácter permanente para os produtos pesqueiros (xa teñen rango do 10%), medida que suporía non  menos de 500 millóns de euros de recurtamento dos ingresos para o Estado, e cifra en 14.000 millóns de euros anuais o que custan ao Sistema Nacional de Saúde as enfermidades relacionadas coa mala alimentación. Insisten oa armadores na necesidade de incrementar o protagonismo deste sector na Administración Nacional e dentro da Unión Europea., motivos polos que propoñen a creación dun Ministerio do Mar que agrupe todas as actividades implicadas na economía social -actividades ligadas ao entorno mariño- e que ese departamento  coordine todo o relacionado coa pesca e os asuntos marítimos entre os distintos ministerios. No seu defecto formula Cepesca a conformación dunha nova Secretaría de Estado de Pesca, e que España teña máis peso  nas institucións de UE, apoiando con funcionarios españois para que ocupen postgos de responsabilidade.

De cara ás eleccións europeas de 2024, Cepesca formula a unificación da Agricultura e a Pesca para que sexan responsabilidade dun só comisario ou comisaria, cuestión esta que pode ir na estratexia de Núñez Feijoo, presidente nacional do PP, ao se levar a Madrid a Rosa Quintana, durante os últimos 14 anos conselleira de Pesca e Agricultura e do Mar da Xunta de Galicia.

O decálogo de Cepesca inclúe amáis propostas para potenciar a carreira profesional marítimo-pesqueira e atraer aos xoves ao sector da pesca, atallando a escaseza de tripulantes e a falta de remuda xeracional.   

Nesta mesma liña Cepesca demanda axilizar o procedemento de contratación de tripulantes estranxeiros, flexibilizando os trámites administrativos, facilitando a formación a distancia ou nos seus países de orixe e acelerando os procesos de homologación dos títulos profesionais.

Tamén solicitan beneficios fiscais, sociais e máis control sobre os produtos pesqueiros procedentes de terceiros países, sobre todo dalgúns asiáticos.

No ámbito internacional, Cepesca defende a rede de acordos de pesca da UE con terceiros países  para garantir a seguridade xurídica das empresas e o acceso a posibilidades de pesca excedentaria  das súas augas de cara á potenciación e investigación que favorezan os  investimentos e o desenvolvemento dos combustibles verdes (bio ou eco-combustibles)  e de fontes de enerxía e investigación oceanográfica. 

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.