Un condutor resultou ferido tras bater contra un poste en Lousame

21 Xuño 2023

O accidente tivo lugar na recta da Agra de Seidón. O ferido, con mobilidade reducida, foi trasladado polos servizos sanitarios ao centro de saúde da localidade.

O accidente tivo lugar ao fío das oito e media desta mañá. Foi un particular quen, a esa hora, contactou co 112 Galicia para informar de que un coche que circulaba pola recta de Portobravo batera contra un poste. O alertador indicaba que o condutor circulaba moi amodo polo que o golpe non fora moi forte. Ao mesmo tempo, o sistema de alertas incorporado no vehículo “ecall” tamén enviou unha sinal de aviso ao 112 Galicia. De feito, o sistema permitiu ao condutor contactar directamente co centro de emerxencias. Indicaba que acababa de ter un accidente, que estaba ferido e que non podía saír do interior do coche porque usaba cadeira de rodas e as portas non abrían.

Así, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de Noia e aos axentes de Tráfico. Do mesmo xeito, pasouse aviso aos Bombeiros de Boiro e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Logo de evacuar ao ferido foi precisa a intervención do persoal da compañía subministradora do alumeado da zona, tras resultar o poste danado, desprazado e suxeito polo vehículo e que, polo tanto, impedía a súa retirada.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.