A semana comprendida entre o 19 e o 23 de xuño constitúe a recta final do prazo de inscrición para a nova edición, a 2023, do campamento Movida Urbana que organiza o Concello de Porto do Son, convocado para achegar alternativas de lecer, deportivas, saudábeis e creativas para a rapazada local durante o tempo de vacacións, ao tempo se facilita a conciliación laboral das familias. As preinscricións cómpre facelas a través o rexistro de entrada do Concello ou da sede electrónica.
A información pode solicitarse á conta de correo electrónico deportesdoson@gmail.com ou ao teléfono 981 767 758.
O campamento desenvolverase entre en Porto do Son, Portosín e Xuño, entre o 10 de xullo e o 17 de agosto. Estará a disposición de nenas e nenos do concello de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O horario das actividades será de 10.00 a 14.00, de luns a xoves, e a taxa de 40 euros. Achegarase un total de 300 prazas, a repartir entre as tres sedes do campamento.




