Todo preparado na Pobra para a 15ª Volta a Ons

30 Xuño 2023

J.C.- Con saída prevista para as 11.30 desde as inmediacións da rada pobrense, unha vintena de embarcacións procedentes de distintos clubs náuticos das Rias Baixas tentarán levar ás súas vitrinas o prezado Faro de Ons. Desde primeira hora da mañá a mariña da Pobra será un fervedoiro de tripulantes pertrechando as súas embarcacións para dispoñerse a realizar un percorrido de 35 millas co obxectivo de circunnavegar as illas de Ons e Onza e regresar ao porto do Caramiñal.

A previsión meteorolóxica anuncia un nordeste típico da ria de Arousa nesta época do ano e agasallará á vintena de embarcacións cuns 10-12 nós, que farán que a ría se converta no marco perfecto para gozar dunha espectacular xornada de regata.

Entre os favoritos á vitoria final atópanse embarcacións e regatistas que xa saben o que é gañar esta prestixiosa regata, como o vigués Víctor Carrión e o seu Bonn III, que o ano pasado dominou a clase regata e vén de facerse co Gran Trofeo Faro de Corrubedo. Outro dos gañadores que repiten na liña de saída son o pobrense José Manuel Pombar patroneando o seu Cámping Ría de Arousa, con varias vitorias nesta regata ás súas costas na clase cruceiro-regata, ou o Orlando, de Gerardo Sánchez que o ano pasado fíxose coa clase cruceiro e leva unha espectacular tempada sendo un claro favorito á vitoria nesta división. Outros candidatos á vitoria final son o Ronautica Marinas, de Joaquín Carneiro “Piri”, un clásico da Ría de Pontevedra e da Volta a Ons, os vilagarciáns Santana´s e Narval, o Nahela representando ao CD Alagua da Guarda, ou o Ziralla de Ramón Barreiro. A frota local estará formada por 7 embarcacións (Thor II, Lorcho, Chispetrén, Argos, Cámping Ria de Arousa, Alpha e Mauritania).

Desde o Náutico Arousa Norte queren agradecer a Clínica Dental Gonzalo López Castro e Atlantic Dental Institute a súa implicación, sen a cual non sería posíbel realizar esta clásica regata.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...