Siradella marca o ritmo da Ramiro Carregal Rey e apúntase o primeiro tanto na Clase Regata

24 Xuño 2023

Con puntualidade deuse a saída, desde as inmediacións do Club Náutico e Deportivo de Riveira, á XXIII Regata Ramiro Carregal Rey, organizada polo Real Club Náutico de Portosín coa colaboración da entidade deportiva arousá.
A previsión inicial no meteorolóxico non era moi halagüeña, tendo en conta a encalmada na mar do venres e a sufocante calor que a acompañaba. Pero a bruma que apenas deixaba entrever Sálvora,
comezaba a insuflar unha suave brisa mariña que foi en aumento, cubrindo en apenas uns minutos toda a Ría de Arousa.
Aproveitando esta circunstancia no meteoro o Comité montou con rapidez a saída, para dar con puntualidade o bocinazo que poñía en marcha a XXIII edición dunha das regatas máis emblemáticas da comarca do Barbanza.
Por diante 22 millas náuticas, preto de 40 km., entre Riveira e Portosín, que os veleiros máis rápidos cubrían en pouco menos de tres horas.
Xestión dos bordos no Paso de Sagres e trazados próximos a Corrubedo, as súas dunas e o mítico faro que lle dá nome á cita velística como Gran Trofeo Faro de Corrubedo.
Magna visita neste primeiro percorrido dun invitado especial como é o WOR60 Tokyo II, xemelgo do Galicia Pescanova que patronease o mítico Javier da Gándara na súa participación na Volta ao Mundo, máis coñecida como Whitbread Round the World Race. O Tokyo ía gobernado por Luís Jaime Álvarez, baixo grímpola de Cabo de Cruz.

Con esta premisa, a Clase Regata domínaa o Siradella, o barco local de Portosín armado por César Álvarez e Francisco Gude. O segundo posto é para o Corsario, de Jorge Durán, do Club de Iates de Vilagarcía,
mentres que o bronce deste primeiro día adxudícallo o Moucho, de Daniel Ayaso, do Club Náutico Deportivo de Riveira.
En Cruceiro/Regata manda o Bon III, de Víctor Carrión, representante do club anfitrión de Portosín. No segundo banzo figura o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club, que se marcou
unha gran regata. E terceiro o Kanala, tamén de Portosín, armado e patroneado por Ignacio Ecenarro.
Respecto a a Clase Cruceiro o líder é o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte, que soubo xestionar moi ben o seu paso por Sagres. Séguelle o Galopín, de Manuel Franco, do Náutico de Riveira, sendo terceiro o Orlando, de Gerardo Sánchez Brunete, do Ro Yacht Club.
A xornada do domingo depara aos regatistas a dinámica das probas ao vento, os bastóns que con axilidade terán que saber dominar para non perder fol na clasificación ou subirse a algún dos banzos
do podio en cada Clase. O Comité da Regata ten a intención de celebrar dúas destas probas barlovento-sotavento, na propia Ría de Muros e Noia.
Ás cinco da tarde está prevista a entrega de premios que contará coa participación de Ramiro Carregal Rey.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...