“Sen novidade a bordo: o Villa de Pitanxo garda o esencial”. O ‘Ártabro’ remata a misión sen atopar ningún corpo na zona do naufraxio

07 Xuño 2023

Antón Luaces.- Na vindeira fin de semana chegará a Vigo (ou a Marín) o buque “Ártabro” que, como xa informou este xornal, localizou o pasado sábado a 750 metros de profundidade en augas de Terranova o pecio do pesqueiro galego “Villa de Pitanxo”. O vehículo non tripulado (rov) utilizado para identificar os restos do naufraxio rexistrado na mencida do 15 de febreiro de 2022 permitiu determinar estruturas do pecio que, xunto co nome deste, constatan que, efectivamente, o Villa de Pitanxo está localizado.

E pouco máis, coa excepción de que as filmacións realizadas polo rov permitan,  grazas a un exhaustivo estudo das mesmas, estabelecver o estado do copo para, deste xeito, poñer remate á discusión sobre si este se metéu a bordo con sobrecarga e os mandos do buque non se prestaron a cortar os cabos do aparello nun  intento de aproveitar o que, probablemente, era unha boa copada.

Queda, por outra banda, saber se houbo ou non embarre -algo que podería saberse se algúns dos rov empregados gravou o fondo mariño na zona na que se atopa o pecio e se este conserva as teóricas marcas que tal embarre poidera deixar.

E tamén -de interese para o proceso xudicial no que se atopan o patrón  e os armadores do barco- se houbo ou non parada de motor cuestión esta que podería apreciarse se, con moita sorte, a filmación  permite constatar a existencia de portillos abertos polos que, aquela noite de tormenta, o mar poidera coarse á sala de máquinas e aquí provocar esa parada que o patrón e máis o seu sobriño empregan como motivo fundamental do afundimento do arrastreiro de Marín.

Dos doce mariñeiros desaparecidos no  naufraxio pouco ou nada máis se podía agardar. Quince meses despois do afundimento do Villa de Pitanxo pouca ou ningunha pegada dos tripulantes podería quedar na cuberta. E no interior do barco -camarotes, corredores, sala de máquinas, etc.- os vehículos non tripulados non poideron  entrar (ao menos que se saiba).

Queda agora unha ardua tarefa para a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimo (CIAIM) que, é de supoñer, poderá utilizar as filmacións para seguir metro a metro os cabos dos aparellos supostamente na cuberta e, obviamente, determinar aproximadamente a capacidade do copo, algo que poderá confirmar ou desmentir as afirmacións do patrón, ratificadas polo sobriño deste (tripulante do buque), non desmentidas pola casa armadora e postas en dúbida polo tamén mariñeiro Samuel Kwesi no devandito proceso xudicial no que o caso está inmerso. Outras novidades non  son de esperar; pero queda labor por facer. Especialmente coas familias dos tripulantes desaparecidos, moitos deles -é de supoñer- entre os mamparos do buque.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.