O Concello de Pontevedra anuncia a undécima edición do seu festival Sete Falares, un encontro coa narración oral que reunirá ás mellores contadoras e contadores orais da nosa terra e doutras partes do mundo. Entre eles atópase o ribeirense Quico Cadaval, que será o encargado de abrir o festival o sábado 3 de xuño, para dar paso a unha sucesión de funcións nas que estarán presentes Caxoto, Brais das Hortas, Ánxeles Goas, Carmen Conde, Adriano Reis, Pepito Mateo, Cristina Verbena, ou Victoria Siedleck.

Cómpre dicir que o sábado, ademais do programa habitual ao longo da semana, haberá un ciclo titulado Rota de historias, que sairá desde a igrexa e percorrerá lugares senlleiros da cidade mentres se contan historias por parte de: Adriano Reis, Cristina Verbena, Pepito Mateo, Quico Cadaval e Victoria Siedlecki. Para estes roteiro “falados”, contaranse con catro quendas (para catro grupos de sesenta persoas cada un) con saídas ás 22h, 22:20h, 22:40h e 23 horas. As invitacións poderán ser recollidas na Igrexa de Santa Clara de Pontevedra dende as 21:30 horas para todas as funcións. Engadir que todas as actividades incluídas no programa terán unha entrada de balde deica completar o aforamento.
A cita, que terá lugar na antiga igrexa do convento de Santa Clara, levarase a cabo entre o sábado 3 e o domingo 11 de xuño.
Eis o programa dos Sete Falares en detalle.



