Prosegue esta finde, en Escarabote e Boiro, as narracións orais e os obradoiros do ciclo Aventuras e letras

07 Xuño 2023

Este venres 9 de xuño proseguen en Escarabote as actividades do ciclo Aventuras e letras, actividade divulgativa, científica, investigadora, cultural e igualitaria para a rapazada local de tres anos en adiante. En concerto, continuarán cun contacontos no Centro Social de Escarabote (Biblioteca) a partir das das 17.30 horas para rapaces de 3 a 6 anos.

O ciclo Aventuras e letras, que inclúe narracións orais e actividades lúdicas e investigadoras para as crianzas, prosegue ao día seguinte na Biblioteca da Casa da Cultura da Cachada, na vila de Boiro, cun obradoiro dirixido a derrubar prexuízos e estereotipos de xénero: a iniciativa participativa Ponte na miña roupa, xogo de roles en igualdade, para nenas e nenos de 7 a 12 anos.

En Cabo de Cruz celebrarase na Biblioteca a xincana Desafíos salvaxes, o 15 de xuño tamén pola tarde. Organiza o Concello de Boiro. As inscricións cómpre facelas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...