“Perder as mañas mais non as forzas: o raposo segue vivo”. Antón Luaces

26 Xuño 2023

Malpica, un dos portos que máis se ten significado na loita contra a pesca ilegal, segue a manter actitudes certamente “raposeiras” a prol do beneficio de determinados armadores e tripulantes e contra a lei e o compañeirismo: a Garda Civil cumprimentou catro actas-denuncia e incautou 1.116 quilos de sardiña na vila coruñesa de Malpica. A causa destas denuncias e a expensas da ratificación das sancións económicas que contempla para estes casos a Lei de Pesca de Galicia, non é outra que a suposta infracción á citada Lei por exceso do tope de capturas, por non ter cumprimentado o Diario de Abordo (DEA), por realizar un transporte sen a documentación requerida e por falsificación dos datos de trazabilidade.

A patrulla da Garda Civil comprobou que unha embarcación levaba a  cabo unha segunda descarga de peixe (sardiña) a un camión estacionado  perto das instalacións portuarias sen que o peixe pasara previamente pola lonxa local para facer a preceptiva pesaxe e colocando nas sardiñas etiquetas de trazabilidade falsas.

Van xa vinte anos que o porto de Malpica e os seus mariñeiros tentaran evitar este tipo de ilegalidades e mesmo estableceron por sí mesmos topes vontarios de captura co obxectivo de reducir a sobrepesca -téñense derramado centos de quilos que, unhas veces ían destinados con prezos ínfimos ás fábricas de fariña de peixe e algunhas outras quedaban riba do peirao para que as comeran as gaivotas. Após algúns anos de respecto das normas, os pescadores volven más andadas esquecendo o respecto mínimo das normas de convivencia e votando enriba dos malpicáns unmha sona que non lles corresponde.-

Diante de circunstancias comlo as denunciadas, moitas son as olladas que se dirixen ás oficinas da Confraría de Pescadores desde onde o finado secretario da entidade -o lembrado Xosé Manuel Vila, que fora tamén deputado no Parlamento galego- controlaba -ou tentaba controlar- o ir e vir de barcos, camións e mariñeiros para manter limpo o nome de Malpica, concello do que tamén fora edil.      

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.