O Verán Cultural animará as rúas da Pobra cun total de catorce espectáculos

23 Xuño 2023

A Pobra do Caramiñal converterase nun fervedoiro cultural durante este verán. Un total de catorce actividades de balde integran esta completa axenda que impulsa a Concellaría da Cultura, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. A concelleira da Cultura en funcións, Patricia Lojo, incide en que se aposta así por seguir dinamizando a vida cultural da localidade nos vindeiros dous meses e concentrando a maior parte da acción no Cantón da Leña, agás no 1 de xullo, cando se desprazará ao adro da igrexa do Castelo coa función Lavandeiras, da man de Rilo & Penadique, adscrita á undécima edición do festival internacional de narración oral Atlántica. Descubriranlle ao público todo o patrimonio oral que rodea os lavadoiros e este oficio desenvolvido tradicionalmente polas mulleres.
Tamén ao abeiro do referido festival, no día 6, Pakolas achegará a sesión Rockeando con Ramona pequena. Focalízase na historia dunha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. A seguir, no día 11, Odaiko lucirase co espectáculo musical chamado Vaia
ritmo!
No día 13 será a quenda de A casiña de acollida, con Animar-T, que ofrecerá un contacontos teatralizado e musicalizado que fala de xenerosidade, amizade ou tolerancia, entre outros temas.
A maxia será a protagonista no día 18 coa visita do Mago Jorge e Ilusiónate.
Barafunda Animación traerá a comedia con Bambolina, no día 20, que versa sobre as divertidas aventuras e desventuras de dous pallasos, onde adquire unha especial relevancia a participación das persoas asistentes.

E Patty Diphusa intentará chegar ao máis alto en SuperHarte 2.0, no día 26.Para logra-lo seu obxectivo, a artista empregará tódalas habilidades ao seu alcance: bailando, trepando, inflando globos e, incluso, meténdose dentro deles.
O mes de agosto arrancará no día 1 con Circo na casa, a cargo de Moc Moc MeRe Clown, para, a través do clown, aborda-la importancia do repartimento das tarefas domésticas.
As cancións e o baile marcarán a xornada do día 3 co show infantil A Granxa.
A música continuará no día 4. Desta vez con De Vacas e o seu concerto Rebovina.
Simplemente Enricco porá en escena Heinrich; aprendiz de mago no día 8, onde o pintoresco personaxe realizará incribles xogos malabares e arriscados equilibrios.
Nelson Quinteiro Producións abordará contos populares dende un punto de vista moito máis cómico e actual en Pequeno cabaré infantil, no día 10, cun ritmo frenético, interacción, sorpresas, cancións, coreografías e unha escenografía moi especial.
Posteriormente, no día 11 tocará moverse con El TomaSON e a súa demostración A Pobra baila!
E Moc Moc Producións poralle o broche de ouro á programación coa súa Peque disco Moc Moc, no día 17. Converterá o espazo nunha auténtica disco móbil infantil con coreografías guiadas, xogos musicais, circo, malabares con lume ou luz e moito humor, ademais de sorpresas.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.