O vindeiro venres 16 de xuño celebrarase a terceira edición da Andaina Nocturna do Concello De Dodro. Serán 13 quilómetros de percorrido, con saída ás 22.30 horas do Pavillón Polideportivo Municipal. Segundo informa a organización, será obrigatorio leva lanterna ou frontal. A actividade vén da man do Concello e o Colectivo Remonte, en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións cómpre facelas no Departamento de Deportes, a través da conta deportes@dodro.gal ou o teléfono 981 802 532.




