“O Universal” de O Son, a “Casa Peto” de Outes e o “Bar do Porto” de Corrubedo, distinguidos co Solete de Verán da Guía Repsol

28 Xuño 2023

Sete chiringuitos, terrazas e xeaderías da provincia da Coruña foron premiados co distintito de Solete de Verán da Guía Repsol. En Galicia un total de 22 establecementos foron seleccionados apra formar parte dunha das guías gastronómicas máis importantes do verán que destaca sobre todo o valor dos praceres auténticos e as xoias escondidas polo territorio español.

Na comarca obteñen o distintivo “O Universal” de Porto do Son, a guía destaca deste local a empanada de guiso de luras de Maribel, a cociñeira, unha das “máis aclamadas da ría de Noia”. “A dous pasos da praia de Aguieira, en Quintáns, a súa flan de café tamén é mítico”, indican.

Outro dos distinguidos é oa Casa Peto en Outes, con máis de 50 anos de historia este local destaca na Guía polos pratos tradicionais á carta, e unha “gustosa” terraza.

Por último recibe a distinción o Bar do Porto, situado na parroquia de Corrubedo, a poucos minutos do Parque Natural, este local renovado polo premiado arquitecto David Chipperfield destaca pola súa terraza ao mar e o respecto á cociña galega tradicional.

Con estas novas incorporacións a Guía Repsol suma xa máis de 3.000 Soletes repartidos por toda España, segundo explicou María Ritter, directora da Guía Repsol. Os locais poderanse atopar na nova app, que coa súa geolocalizador permite planear e gardar as paradas especiais para as escapadas deste verán.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...