O proxecto Amicos CO2, recoñecido como práctica excelente no Congreso Estatal de Sustentabilidade de Plena Inclusión

12 Xuño 2023


O proxecto Amicos CO2: Transición Ecolóxica da entidade inclusiva da nosa comarca foi un dos 4 seleccionados na categoría ambiental como práctica excelente no Congreso Estatal Enredando
Sustentabilidade e Inclusión, organizado por Plena Inclusión España xunto á Plena Inclusión Castilla e León, os pasados días 8 e 9 de xuño.

O encontro reuniu a máis de 300 persoas de todo o ámbito estatal co obxectivo de poñer en común solucións viábeis ante o desafío da sustentabilidade nas organizacións sociais desde distintas perspectivas: organizacional, social e ambiental. A cita, na que se exhibiron as boas prácticas presentadas polo movemento asociativo de Plena Inclusión e outras entidades do Terceiro Sector, busca converterse nunha referencia inspiradora sobre propostas enmarcadas no reto 9, Promovemos organizacións sustentábeis’, do Plan Estratéxico da Confederación.

Ao Congreso enviáronse 106 prácticas de entidades de toda España. Todas elas foron avaliadas por un equipo de 35 profesionais, traballadoras e traballadores de distintas entidades de Plena Inclusión, e seleccionáronse 51 boas prácticas, as cales foron expostas en paneis ao longo de hall de entrada do evento.

Posteriormente, o Comité Científico formado por expertos de diferentes organizacións como a plataforma do terceiro sector, Fundación Once, Cruz Vermella ou a Universidade de Valladolid e da Coruña, analizaron as 24 boas prácticas con maior puntuación e despois dunha profunda deliberación elixiron, entre estas, 12 excelentes e 9 destacadas.

As prácticas excelentes, que son as mellor valoradas, presentaranse no auditorio a todas e todos os asistentes en formato longo e as destacadas, fixérono no espazo enredando experiencias, concretamente nos mini-auditorios situados no hall de entrada.

O proxecto Amicos CO2: Transición Ecolóxica da entidade foi unha das 4 iniciativas seleccionadas como práctica excelente na categoría medioambiental: esta busca reducir a pegada de CO2 que emite a asociación no desenvolvemento das súas actividades no exterior. Para iso estase conseguindo, grazas á instalación de sistemas de enerxía máis eficientes nos centros, a medición e compensación da pegada. Tamén mellorando o desempeño ambiental coa creación dun sistema de xestión que contribúa
a reducir o impacto que deixa a actividade de Amicos.

Por último, búscase apostar por proxectos e actividades que se desenvolven en espazos naturais e “que
queren conectar ás persoas con discapacidade intelectual cos retos sociais e ambientais aos que nos enfrontamos, facéndoas partícipes dos mesmos”, informan fontes de Amicos, engadindo que “estas actividades supoñen un enorme beneficio para as persoas con discapacidade intelectual, xa que son nun ambiente relaxado e no que poden moverse libremente, así prestan unha maior atención, facilitando a adquisición de novos coñecementos”.

Os encargados de presentar a nosa práctica foron, Alfonso Pérez, residente no fogar Amicos, Xoan España, director xeral e Sonia Fuentes, coordinadora de centros.


Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...