O incendio destrue o restaurante do cámping Valverde de Corrubedo sen causar danos persoais

27 Xuño 2023

As instalacións, construídas en madeira, arderon por completo, sen ter que lamentar danos persoais.

As alertas sobre este incendio comezaron a entrar na central telefónica do 112 Galicia moi preto das dúas horas desta madrugada a través de distintas canles. Ademais de particulares, que estaban pola zona e foron testemuñas da situación, os xestores do 112 tamén recibiron un aviso da Policía Local, indicando que ardía un restaurante dunha zona de acampada do lugar dos Agueiros, na parroquia ribeirense de Olveira.

De inmediato, desde o 112 coordinouse un operativo que contou coa intervención dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira, así como da Garda Civil e da Policía Local e Nacional. Ademais, avisouse tamén ao persoal do distrito forestal da zona, ben como á empresa subministradora de electricidade e tamén aos membros de Protección Civil de Ribeira.

Os servizos de extinción encargáronse de controlar e apagar as lapas, que queimaron por completo o establecemento hostaleiro. Ao fío das 05:30 horas deron por rematadas as tarefas de arrefriamento do local, aínda que indicaron a posibilidade de seguir revisando ás instalacións ao longo do día de hoxe.

Cando os bombeiros de Ribeira chegaron ao lugar, o lume estaba moi avanzado e nada puideron facer por salvar o negocio. Centraron os seus esforzos en evitar que as lapas se estendesen cara ao monte que está na contorna e mais cara aos bungalós que pertencen ao cámping situado no mesmo recinto.

Segundo contaron os bombeiros, había partes da estrutura do edificio e do tellado completamente destruídas, e daquela solicitaron axuda ao parque de Boiro.

Catro horas tardaron en extinguilo por completo. Durante as tarefas de extinción chegou ao lugar o dono, que estaba visiblemente afectado.

Ao lugar tamén se desprazaron axentes das policías local e nacional de Ribeira e mais unha cuadrilla forestal e un axente, ante o risco de que as lapas chegasen ao monte.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...