O GES de Noia colaborou nas tarefas de refrixeración do material vexetal que ardeu nunha nave en Lousame

25 Xuño 2023

Dous minutos despois do mediodía, un particular informou ao 112 Galicia de que saía fume dunha nave de compostaxe situada na parroquia de Lesende.

Rapidamente, o persoal da empresa desprazouse ata o lugar para atallar o lume, que só afectou a parte do material triturado vexetal acumulado no interior das instalacións. 

Varios membros do GES de Noia desprazáronse ata a planta de reciclaxe para participar nas tarefas de refrixeración, removendo o material no que se orixinou o lume cunha pa escavadora.

Ás 14 horas o incendio quedara xa completamente apagado.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tamén se informou a Urxencias Sanitarias de modo preventivo, aos Bombeiros de Boiro e Ribeira, á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Lousame.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.