O Concello de Boiro recibiu unha subvención para a mellora de camiños rurais

21 Xuño 2023

O Concello de Boiro recibiu unha subvención por importe de 48.564 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024. O importe subvencionado vaise destinar a levar a cabo a mellora do camiño que une Cariño coa Igrexa e o cemiterio do Castro.

As actuacións ascenden a 63.522,77 euros. “Estas obras pretenden a mellora de zonas moi transitadas de núcleos do rural, mellorando os servizos e a vertebración do territorio”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero, explicando que no tramo que percorre o núcleo rural de Cariño mantense a sección existente, que varía entre os 4,40 e os 6 metros, onde se vai levar a cabo a renovación do pavimento asfáltico e incorporarase sinalización de limitación de velocidade para aumentar a seguridade viaria. No treito que chega a Igrexa e ao cemiterio pretendese a execución dunha rede de recollida de pluviais e completar a sección asfaltada.

As actuacións lévanse a cabo mediante o Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, co-financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico PAC 2023-2027 en Galicia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.