O Concello de Boiro organiza un ano máis unha xornada para a recollida e recoñecemento de herbas de San Xoán que terá lugar en Goiáns o vindeiro 18 de xuño. Para participar na actividade requírese inscrición previa mediante o rexistro xeral do Concello de Boiro co formulario dispoñíbel na web municipal.
O obxectivo desta xornada, que xa se celebrou o ano pasado, é “adquirir en familia coñecementos arredor da tradición e o folclore da festividade de San Xoán”. Nesta saída aprenderase a identificar as herbas coas que se elabora a tradicional auga e logo procederase á súa recolección.
O numero de prazas para participar está limitado a 30 persoas, que serán asignadas en función do criterio de familia, idade e data de rexistro. Para inscribirse é preciso presentar no Rexistro Xeral do Concello de Boiro o modelo de solicitude dispoñíbel na web municipal ata o 14 de xuño.




