O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición das actividades dos Veráns Deportivos

15 Xuño 2023

O Concello de Boiro abriu o prazo de inscrición para as actividades deportivas de verán que se desenvolven entre o 26 de xuño e o 1 de setembro de 2023, ao abeiro da nova edición (a número 30) do programa Veráns Deportivos. Toda a información e inscricións está dispoñíbel no Departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura de Boiro.

Os Veráns Deportivos de Boiro chegan á súa trixésima edición con propostas de actividades deportivas para rapaces e rapazas como son remo, piragüismo, volei-praia, baloncesto, atletismo, tenis, iniciación ao taekwondo, vela… Tamén inclúen actividades para mozos e adultos como tenis ou vela e ximnasia para xubilados e o programa Boiro Actívate para persoas con doenzas especiais.

Ademais destas actividades haberá competicións propias que organizan os clubs deportivos xunto co servizo municipal de deportes como son o Campus Rufino Regueira de natación e triatlón, o Campus de Baloncesto Obradoiro CAB, torneo internacional de rugby, campus de volei-praia, a Travesía a Nado Illa da Bensa…

O prazo de inscrición nas actividades está aberto dende este xoves 15 de xuño e todas as persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de deportes situado na Casa da Cultura de Boiro ou contactar mediante o correo deportes@boiro.org ou o teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...