O Concello da Pobra concentrará as cacharelas de San Xoán nos Areos (e con limitacións na Lombiña e en Raposiños)

08 Xuño 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal compartiu o bando municipal relativo ás vindeiras festas de San Xoán e os elementos estrela destes festexos: as cacharelas.

No bando, no que se comunican as normas que regularán a noite de San Xoán no municipio (do 23 ao 24 de xuño), estipúlanse as condicións que se deben cumprir para poder facer fogueiras en espazo público:

1. Establécese como única zona autorizada para a realización das tradicionais fogueiras do San Xoán de maneira Libre, sen necesidade de solicitude previa, a praia dos Areos, no tramo que vai dende a rampla ata a zona de duchas, no inicio do paseo dos Areos.

2. Na praia da Lombiña poderán realizarse dúas fogueiras, unha na entrada e outra na contorna do campo de voleibol. Na praia dos Raposiños poderá realizarse unha única fogueira. De haber máis dunha solicitude para esas zonas, as persoas organizadoras deberán poñerse de acordo, do contrario daráselle prioridade á primeira solicitude presentada no rexistro. Será responsabilidade da persoa que presente a solicitude a limpeza da praia.

3. As solicitudes para outros lugares onde se veñen celebrando de maneira tradicional serán atendidas individualmente e autorizadas ou non en función do risco que supoñan e da capacidade do concello para realizar control sobre elas.

4. Quedan especificamente prohibidas nas praias da Corna, A Illa e A Barca.

Establécense as seguintes condicións para a realización das fogueiras:

-O horario de inicio da actividade serán as 20:00 horas ou máis tarde, e deberá rematar antes das 03:00 horas.

-Non se establece un tamaño máximo da fogueira, determinarase en función do espazo no que se realice, garantindo sempre a seguridade das persoas, dos bens inmobles e da vexetación próxima, así como calquera outro elemento susceptible de ser afectado polo lume ou a alta temperatura.

-O material combustible será de orixe vexetal. Non se poderán utilizar combustibles de orixe inerte (plásticos, gomas, espumas etc. …) nin utilizar acelerantes (gasolina, gasóleo, disolventes…). A madeira que se poida empregar non debe conter restos metálicos, nin de vidro nin de calquera outro tipo que poida supoñer un risco ambiental ou non sexa totalmente combustible.

-As persoas responsables deberán facerse cargo da limpeza e recollida de calquera tipo de residuo. Na praia dos Areos completarase ao día seguinte coa limpeza mecanizada por parte de persoal do Concello.

-A realización de fogueiras en terreos particulares está permitida pola lexislación vixente durante o día 23 de xuño. Polo tanto o Concello procederá á súa autorización e comunicará ao distrito forestal o seu número e situación. As condicións para a realización das tradicionais fogueiras do San Xoán son:

a. As persoas interesadas en realizar unha fogueira deberano solicitar no rexistro xeral do Concello ou no rexistro electrónico desta entidade, antes das 12:00 horas do día 21 de xuño de 2022 .

b. Establécese o horario para o inicio da actividade ás 18:00 horas, e deberán quedar perfectamente apagadas antes das 3:00 horas do día seguinte.
c. A solicitude deberá recoller a seguinte información:
i. Nome, apelidos e DNI da persoa solicitante.
ii. Un correo electrónico e un número de teléfono de contacto.

Queda prohibido realizar lume en solo rústico de protección forestal e de espazos naturais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...