O Coliseo Noela (Noia) acolle este xoves a celebración do Día das Artes Galegas 2023 Martín Códax

07 Xuño 2023

Este xoves 8 de xuño terá lugar ás 20 horas no Coliseo Noela de Noia (rúa Curro, 0. Noia. A Coruña) o primeiro concerto dedicado á obra de Martín Codax, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2023 (Día das Artes Galegas 2023 Martín Códax) no que a soprano Clara Jelihovschi Panas e a pianista Margarita Viso Soto interpretarán as Cantigas de Martín Codax; Soedades de Marcial do Adalid a partir dun texto popular; As lixeiras anduriñas de Juan Montes, con texto de Salvador Golpe; Cantiga de José Castro Chané, con texto de Curros Enríquez e Mayo longo de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro. O acto, así mesmo, contará coa introdución Martin Códax, a identidade da música galega a cargo do académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Juan Durán.

O recital, que continuará por diferentes vilas galegas, conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Noia e forma parte dos actos de celebración do Día das Artes Galegas 2023 dedicado nesta edición á figura de Martín Codax, primeiro autor galego do que se conserva texto e música, presente a través de trazos identitarios do que hoxe entendemos por música galega, tanto da popular como da culta.

Outros artigos

O 25 de abril comezan en Noia as Festas de San Marcos 2024

O 25 de abril dará comezo en Noia a nova edición das Festas de San Marcos, unha das celebracións máis agardadas na nosa contorna e que este ano destacan pola súa completa axenda de actividades e, tamén, pola calidade do traballo artístico do debuxante e ilustrador...

+

Artesáns impartirán obradoiros nos centros socioculturais da Pobra

Os centros socioculturais da Pobra do Caramiñal dinamizaranse con varios obradoiros artesáns de balde dentro do programa Feito coas túas mans que se estenderá ata finais de ano. Así o fixeron saber este martes 16 Amparo Cerecedo, concelleira da Promoción Económica,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

En apariencia, lo único que vemos de la ciudad es lo que la ciudad nos muestra. Lisboa es traslúcida, se da toda en su generosa actitud para quien se predispone a admirarla, para los que abren sus brazos con el fin de abarcar un pequeño pleno universo cosmopolita,...