O Centro Náutico do Freixo ofrece este verán cursos de vela e windsurf de iniciación e perfeccionamento

15 Xuño 2023

O Centro Náutico Municipal Francisco Rama Vázquez Fufú, emprazado na Ribeira do Freixo (Outes) compartiu a súa axenda de actividades formativas para este verán. A axenda inclúe cursos de vela e windsurf de iniciación e perfeccionamento, a desenvolver entre o 3 de xullo e o 1 de setembro.

As quendas serán semanais, de cinco días, de luns a venres. Haberá polas mañás nivel de iniciación-infantil (10 prazas por quenda) e polas tardes nivel de perfeccionamento, con 12 prazas por quenda.

O centro tamén ofrece este verán diferentes servizos complementarios, como por exemplo o alugueiro de embarcacións (de martes a sábado pola mañá e pola tarde), o alugueiro de kaiaks de mar (de martes a sábado, pola mañá e pola tarde) e tamén un servizo de varada de material de windsurf e de kaiak de mar (os usuarios poden facer uso do almacenamento do seu propio material de navegación, ter seguridade e apoio dunha embarcación pneumática así como acceso aos vestiarios e ás duchas e realizar reparacións de mantemento nos seus equipos).

Outros artigos

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Ribeira celebra o Día da Bici o 2 de xuño

O domingo 2 de xuño, a Concellería de Deportes do Concello de Ribeira, en colaboración co Club Os Saltamontes e Asociación de Veciños de Carreira, vai organizar o tradicional “Día da Bici”. Actividade aberta a persoas de tódalas idades, na cal se intenta fomentar e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...