O alumnado da formación en comercio impartida en Ambar visita a sede de Suministros Triñañes

16 Xuño 2023

Este xoves 15 de xuño o alumnado da formación en Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a domicilio, que se está impartindo en Ambar, visitou a sede da empresa Triñanes e Hijos, Suministros Industriales S.L. de Boiro. A xornada comezou cunha charla impartida por Gonzalo Triñanes, xerente na empresa, adicada á distribución de roupa de traballo e artigos de seguridade laboral que prové a múltiples sectores.

Na súa charla achegou ao alumnado ás singularidades da súa firma e das bases necesarias para o traballo, facendo fincapé na importancia da seguridade na contorna laboral e nas bases que definen a súa actividade día a día: calidade de produtos, formación, modernización, seguimento, contacto e positividade.

Posteriormente as alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de visitar o seu centro no Polígono de Espiñeira (Boiro) e coñecer de primeira man o funcionamento e a xestión do seu almacén, complementando todo o aprendido durante a formación teórica do curso.

Este curso está co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE), a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade das Persoas con Discapacidade POISES “Uno a Uno” – Año 2022 – 2023 impulsada pola Fundación ONCE.

A formación enmárcase na actuación do Obxectivo Temático 9: Prioridade de Inversión 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.