Nova xornada de eliminación de especies exóticas invasoras nas beiras do río Tins en Outes

14 Xuño 2023

Este xoves 15 de xuño continúan as accións de eliminación e control de especies exóticas invasoras no entorno fluvial do río Tins no Concello de Outes, como parte do proxecto Renatur_Outes. Nesta nova xornada de traballo, que comezará ás 10:00 da mañá e que está aberta a todos os públicos, participarán as estudantes da especialidade de control e protección do medio natural do Centro Integrado de FP de Santiago de Compostela.

Esta intervención centrarase na eliminación de exemplares de acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e falsa acacia (Robinia pseudoacacia), así como nunha primeira intervención demostrativa sobre unha zona con herba da fortuna (Tradescantia fluminensis). Todas estas especies supoñen un obstáculo a recuperación do bosque de ribeira e do entorno fluvial, obxectivos deste proxecto liderado polo Concello de Outes e que conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) así como co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O proxecto ReNatur_Outes continuará traballando nos dous próximos anos con outras accións de limpeza de residuos da contorna fluvial, sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas e fomento a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.