Ambos foron trasladados ao Hospital do Barbanza, mentres que no autocar, no que viaxaban o condutor e dúas pasaxeiras, non houbo que lamentar danos persoais.
O 112 Galicia tivo constancia deste accidente minutos antes das 7:30 horas da mañá, cando o condutor do autobús implicado comunicou que acababa de colidir contra un turismo no quilómetro 89 da AC-550, ao seu paso pola parroquia de Baroña, en Porto do Son. Os vehículos obstaculizaban a circulación e había restos esparexidos polo asfalto.
Ata o punto desprazáronse o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Noia, a Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil de Porto do Son e os servizos de mantemento da estrada.
Os feridos foron trasladados en ambulancia ao centro hospitalario, namentres que os pasaxeiros do autobús fixeron un transbordo e puideron continuar a súa viaxe.




