Na Pobra varios coches danados, un semáforo tirado e danada a iluminación da nova escultura de Manuel Teira

04 Xuño 2023

A Pobra viviu unha nova noite de vandalismo onde varios individuos actuaronna alameda da localidade e a súa contorna. Entre os danos que ocasionaron figuran a rotura dun semáforo situado na zona dos xardíns Valle-Inclán, que quedou esnaquizado sobre o chan, e os danos que sufriron varios vehículos estacionados na zona portuaria. Está confirmado que a lúa dianteira dun coche quedou feita cachizas e que algún outro turismo sufriu danos similares.

Entre os actos figuran tamén a rotura dun farol e unha papeleira situadas nos xardíns Valle-Inclán, e danos en sinais da contorna do parque de O Castelo. Ademais, os vándalos esnaquizaron a iluminación da nova escultura de Manuel Teira, inaugurada en febreiro en memoria dos mártires do franquismo.

Membros da agrupación realizaron un percorrido polo centro urbano para elaborar un informe sobre as desfeitas ocasionadas polos vándalos e tratar de recompoñer os elementos do mobiliario urbano que podían arranxarse. Crese que os causantes dos danos actuaron entre as seis e as sete da mañá deste domingo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.