O Concello en funcións da Pobra do Caramiñal convocou un pleno extraordinario para este sábado 17 de xuño, con vistas a proceder á constitución da Corporación local. Será ás 11.00 horas no salón de plenos do Consistorio.
A orde do día inclúe a constitucións da mesa de idade, o xuramento das e dos concelleiros (e toma de posesión), a elección do alcalde e o xuramento ou promesa e toma de posesión do novo rexedor. Tamén se inclúe a dación en conta do arqueo extraordinario e do informe de comprobación de bens e dereitos.




