Máis de 300 novos regatistas daranlle vida á Semana Galega da Vela

16 Xuño 2023

Esquerda a dereita.: María Luisa Marco, Miro Serén, Pedro Piñeiro e Juan Andrés Pérez. © Clara Giraldo.

O Centro Galego de Vela, situado na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa albergará, do 23 ao 25 deste mes de xuño a Semana Galega da Vela, cita coas categorías infantís e xuvenís deste deporte, que organiza a Real Federación Galega, contando coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Vilagarcía, a Autoridade Portuaria e a Capitanía Marítima.

Considerada evento estrela pola Real Federación, máis de 300 novos talentos daranse cita en augas da Ría de Arousa, navegando as súas augas nun único campo de regata para 11 das clases convocadas, sendo a excepción o Radio Control, que o fará nun circuíto entre boias máis pequeno fondeadas nas inmediacións dos pantaláns do Centro Galego de Vela.

A gran cita foi presentada esta mañá nas instalacións de Vilagarcía nun acto presidido por Pedro Piñeiro, vicepresidente da Real Federación Galega de Vela, acompañado polo Concelleiro en funcións de Deportes, Miro Serén; a Xefa de División de Infraestruturas da Autoridade Portuaria do Porto de Vilagarcía, María Luisa Marco; e do Capitán Marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez.

Pedro Piñeiro foi o encargado de abrir a rolda de intervencións, e fíxoo afirmando que “a Semana Galega da Vela pódese considerar unha gran Festa da Vela, onde a sabia da mocidade rexuvenécenos a todos, coas súas alegrías, co seu espírito emprendedor, coa ilusión, e coas ganas, as mesmas que nós temos para traballar cada día no que tanto nos apaixona e que se converteu no noso modo de vida”.

Miro Serén, pola súa banda, pechou o acto engadindo que “estamos nun lugar privilexiado e aquí temos a mellor ría do mundo. A nosa cidade sempre estará aberta a todos os deportistas e quero agradecer a todos os colaboradores o seu apoio para que a Semana Galega dá #Ver sexa todo un éxito”.

Optimist, 420, ILCA 4, Techno 293, Raceboard, Vaurien, Snipe e as olímpicas do ILCA 6, ILCA 7, Fómula Foil e 470 encherán de velas a ría arousá durante tres xornadas, competindo todas elas polo título da Copa de Galicia a excepción do Radio Control, que será proba clasificatoria do Circuito Gallego.

O Comité organizador ha programado sete probas, das que as seis primeiras son puntuables na Fase Clasificatoria e a sétima para definir aos campións e campioas na denominada como Final, a modo de Medal Race.

Todas as probas darán comezo a partir das 15.00 h., menos as da Fase Final que o farán, de maneira graduada, a partir das 11.00 h. dominicais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.