Lousame rexistra dous tremores de pouca intensidade

18 Xuño 2023

Dous tremores de magnitude 1,5 na escala Richter existrarionse no concello de Lousame. Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro dos movementos sísmicos tivo lugar ás 8.29 horas, a un quilómetro de profundidade, polo que foi perceptible por algunhas persoas.

Unha hora despois tiña lugar un segundo tremor, aínda que nesta ocasión foi a cinco quilómetros de profundidade. Os expertos indican que na área barbancesa rexístranse unha media de vinte pequenos terremotos, e o máis normal é que se detecten fronte á costa, e maioría teñen unha intensidade moi baixa.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.