KitisKatis organiza no Liceo de Noia, o 11 de xuño, un novo festival benéfico (con tributo a Grease)

02 Xuño 2023

O vindeiro 11 de xuño a Sociedade Liceo de Noia vai acoller, a partir das 18.00 horas, a celebración do Festival Benéfico da Asociación KitisKatis Dance Class, que desta volta ven con formato de tributo ao filme musical Grease. Contarase novamente co apoio do Concello.

Segundo confirmaron as/os impulsoras/es do evento na presentación, as entradas están xa á venda no Liceo de Noia. Tamén fixeron saber que a recadación destinarase de xeito íntegro para a investigación de doenzas raras a través da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva – ASPOH e FUNDAME.

Na anterior celebración da asociación noiesa (celebrada na recta final de 2022) as integrantes da entidade foron quen de recadar 1.180,40 euros para “continuar loitando contra a atrofia muscular espiñal”).

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.