Un veciño de Outes investigado por posibles estafas na venda de coches en Dodro

09 Xuño 2023

A Garda Civil de Padrón investigou a un veciño de Outes como presunto autor dun delito de estafa continuada nunha empresa de venda de vehículos de ocasión en Dodro.

A denuncia interposta polo propietario do establecemento ante a queixa dun cliente que manifestaba que o prezo de venda final do vehículo que adquirira non coincidía co que pactaran nun principio. A Garda Civil iniciou unha investigación para o esclarecemento dos feitos descritos, aclarando o propietario do establecemento que sospeitaba que un empregado da empresa aumentaba o prezo de venda dos vehículos aos clientes sen o seu consentimento quedándose coa diferenza.

Os axentes pescudaron que ademais nos despezamentos onde realizaba tamén vendas de coches dos clientes, devolvíalles a estes unha cantidade menor de diñeiro que a abonada polos despezamentos, quedándose tamén coa diferenza.

A Benemérita empezou a investigar a esta persoa como presunta autora dun delito de estafa continuada que o propietario valora nuns 100.000 € e á espera de revisar o resto de vendas mentres o investigado traballou con eles.

Xulgado de Padrón que instrue o caso

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.