Falece unha persoa e outra resulta ferida tras saírse da vía ao seu paso por Carnota

11 Xuño 2023

Os servicios sanitarios de urxencia derivaron ao lugar dos un helicóptero medicalizado, para trasladar, debido ao seu estado, a unha das persoas feridas e que, finalmente, faleceu durante o traslado. A outra persoa foi evacuada en ambulancia.

O vehículo saíuse da vía cando circulaba pola AC-550, quilómetro 26,5, en Santa Comba de Carnota. Así o indicaba o particular que chamou ao 112 Galicia, ás tres desta tarde, para solicitar axuda. Indicaba que no vehículo viaxaban dúas persoas maiores e que unha delas necesitaba axuda urxente.
 
Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou un helicóptero medicalizado e unha ambulancia co equipo médico cara o lugar. Así mesmo, desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES de Muros e aos efectivos de Protección Civil da localidade. 

Unha vez no punto e tras as primeiras valoracións por parte do equipo sanitario, os membros do GES comunicaron ao 112 Galicia que unha das persoas feridas fora evacuada na aeronave e a outra nunha ambulancia.  

Con todo, segundo informaron os axentes de Tráfico ao 112 Galicia, pese á evacuación inmediata na aeronave, os servicios sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida, posto que, faleceu durante o traslado.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.