Este xoves prosegue en Cabo de Cruz o ciclo Aventuras e letras

15 Xuño 2023

Este xoves 15 continúan en Boiro as actividades do ciclo Aventuras e letras, actividade divulgativa, científica, investigadora, cultural e igualitaria para a rapazada local de tres anos en adiante. En concerto, continuarán en Cabo de Cruz, na Biblioteca, cunha xincana de retos que se desenvolve baixo o epígrafe Desafíos salvaxes. Será este 15 de xuño pola tarde, a partir das 16.30. Organiza o Concello de Boiro. Están convidadas/os a participar crianzas de idades comprendidas entre os 7 e os 11 anos.

O ciclo comezou o 2 de xuño no Centro Social de Escarabote (Biblioteca) co obradoiro Indagando no fondo mariño.

O programa Aventuras e letras, que incluíu narracións orais e actividades lúdicas e investigadoras para as crianzas, incluíu tamén unha actividade para tirar abaixo prexuízos e estereotipos de xénero: Ponte na miña roupa, xogo de roles en igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...