Este venres pola tarde celébrase en Rianxo a festa solidaria en favor da Asociación Galega de Fibrose Quística

16 Xuño 2023

Finalmente, logo do cambio de data inicialmente prevista (o 9 de xuño) este venres 16 de xuño a praza da Virxe da Guadalupe acolle a festa solidaria rianxeira en favor da Asociación Galega de Fibrose Quística. Organiza a Ludoteca Agarimo coa colaboración do Concello de Rianxo. Todo o recadado irá destinado integramente á Asociación Galega Fibrose Quística. Celebrarase en horario de 16.30 a 19.30.

Segundo confirmou a organización haberá unha gran variedade de actividades, dende unha a emocionante festa en po holi ata inchábeis, música, globoflexia, pintacaras, xogos xigantes e pintura.

A entrada para participar nesta festa solidaria ten un custe de 8 €, e é necesario portar unha pulseira identificativa para acceder ao evento. A organización lembra que é preciso facer unha reserva anticipada na Ludoteca Agarimo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...