Este mércores a sede da patronal de Ribeira acolle unha charla sobre como acadar clientes para o noso negocio

26 Xuño 2023

Esta semana, o mércores 28 de xuño ás 21:00h no local da Asociación de Empresarios de Ribeira, vaise celebrar unha xornada para axudar ao tecido empresarial do concello a incrementar a visibilidade no mercado e a incrementar a súa capacidade para manter clientes e atraer outros novos (o que se coñece como fidelizar).

Esta a falar da xornada 7 claves para conseguir clientes en pouco tempo, organizada pola patronal. Será impartida polo experto Fernando Salinero, escritor, consultor de empresas e formador de directivos, empresarios e profesionais, amais de ser un referente no ámbito das conferencias motivadoras.

Celebrarase como dixemos no local da Asociación de Empresarios (na rúa Rosalía de Castro) o mércores 28 a partir das 21.00 horas. Cómpre facer unha inscrición previa no teléfono 981 87 37 19 ou a través da conta de correo electrónico correo@empresariosriveira.com.

A actividade, que é gratuíta, conta co apoio da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.