Este luns ábrese o prazo de matrícula do cuarto ciclo da Universidade de Santiago en Ribeira

15 Xuño 2023

O IV Ciclo da Universidade de Santiago na súa sede en Ribeira abre a partir do luns 19 de xuño o prazo de matrícula para o curso 2023-2024.

Todas as persoas maiores de 50 anos que o desexen poden formalizar a súa matrícula ata o 31 de xullo na páxina web da Universidade de Santiago.

As persoas que soliciten por primeira vez a súa matrícula poden dirixirse ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira de luns a venres de 8 a 14 h para cubrir os datos da preinscrición que se enviarán á USC, ao agardo da alta como novo/a alumno/a e a correspondente folla de pagamento de taxas.

A formación universitaria a partir dos 50 anos é posíbel en Ribeira grazas ao convenio asinado en 2019 entre a USC e o Concello, que lembra que “a creación dunha sede universitaria do IV Ciclo dirixida a persoas maiores de 50 anos, promove a formación continua, a democratización dos estudos universitarios…, en definitiva a universalización da formación universitaria trasladándoa da capital de Galicia á cabeceira da comarca do Barbanza”.

Entre as materias figuran literatura española contemporánea, o Camiño de Santiago, historia da arte de Compostela, comunicación xornalística, aspectos básicos da calidade de vida e medicamentos. Pódense consultar na web da USC.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.