Este domingo 25 celébrase a Festa dos Maiores de Dodro

24 Xuño 2023

A Festa dos Maiores do concello celebrase este domingo 25 e as actividades previstas abren cunha misa solemne ás 13.00 horas na igrexa parroquial de San Xoán de Laíño (Imo). Ás 14. celebrarase a benvida a cargo do alcalde e o equipo de Goberno no lugar do xantar e ás 14.15 farase unha homenaxe á veciña e ao veciño de maior idade das/dos asistentes á festa. Ás 14.30 comezará o xantar e xa na sobremesa, a partir das 16.30, enfiarase a recta final da celebración cun baile (até as 20.00 horas). Haberá servizo de autobuses polas paradas habituais de Dodro para realizar os traslados á igrexa de Laíño e, ao remate da misa, ao Pavillón Polideportivo Municipal onde terá lugar o xantar. Será necesaria a presentación do convite.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.